Ana Belén Monís gaña o concurso de cantantes “Son de estrelas” da TVG

A estrela de Belén

28/6/2007 | Redacción. MeGA | Seccións: Música
19 lecturas | Compartido 0 veces
Cunha cota media de pantalla de 16,8 % e 145.seguidores rematou a primeira edición co concurso de cantantes “Son de estrelas” da TVG. A verinense de 25 anos Belén Monís resultou a gañadora deste certame de voces, impoñéndose no reconto de chamadas á outra finalista, María Chenlo, de Caldas. Na gala final Monís, que leva máis de cinco anos actuando con orquestras, interpretou os temas “Voa alto” e Lela. A resolución do concurso estivo marcada por un empate porcentual moi axustado das dúas finalistas que tivo que resolverse co reconto das chamadas gañando Belén Monís por 3.403 fronte ás 3.363 de María Chenlo. A gañadora gravará un disco e leva ademais un coche e unha viaxe ao Caribe.

Máis información en La Voz de Galicia


Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con TVG, La Voz de Galicia, Caldas, Medios de comunicación

Claves

Lugares