O Pino acolle a I Festa da Narración Oral de Galicia

Unha festa de contar

Os acontecementos misteriosos do Camiño de Santiago constitúen o eixe da I Festa da Narración Oral de Galicia. O Concello do Pino acolle o vindeiro sete de xullo este evento, que pretende recuperar o gusto por contas historias e que inclúe unha maratón de contacontos, obradoiros, e diferentes actuacións. Miguel de Lira, Carlos Blanco, Pepa Yáñez, Pepe Penabade ou Paula Carballeira son algúns dos responsables de animar o evento.

Máis información no web da Festa, en La Voz de Galicia e en Galicia Hoxe