A VI Festa do Circo reúne en Compostela artistas circenses galegos que traballan espallados polo mundo

Circo na Rúa

7/6/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Veñen de Chequia, Brasil, Cataluña ou Italia, e sen embargo participan na Festa do Circo Galego. E é que son todos artistas dedicados ás artes da carpa orixinarios noso país pero que desenvolven a súa actividade repartidos polo mundo. Desde hoxe e ata o vindeiro día once a NASA acolle en Compostela a VI Festa do Circo Galego, que co título de “Circo Global”, achegará espectáculos de malabarismos, funambulistas, artistas plásticos, músicos pallasos e mesmo audiovisuais. O circo comezará hoxe nos propios espazos da cidade con pasarrúas e actuacións na praza da Quintana.

Máis información en Galicia Hoxe, en La voz de Galicia e no web da NASA

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

15/06/2009

O noso circo do sol

Unha festa repasa a traxectoria dos dez anos de novo circo en Galicia

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con NASA, Galicia Hoxe, La Voz de Galicia, Praza da Quintana...