Os centros sociais de Lugo e de Compostela acollen cadansúa conferencia sobre BD

Falar sobre a banda

31/5/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
34 lecturas | Compartido 0 veces
A Asociación Alto Minho de Lugo acolle o vindeiro sábado 2 de xuño ás oito da tarde unha conferen centrada na historia da BD no mundo e en Galicia. A palestra irá a cargo de Xico Paradelo, membro de BD Banda e antigo Frente Comixario. Pola súa banda, no Centro Social O Pichel, de Compostela desenvolverase, o vindeiro 21 de xuño ás 21:30, unha mesa redonda co título "O reintegracionismo e a banda desenhada". Esta iniciativa inclúese dentro do ciclo "Conhece o teu mundo" que organiza o Movimento Defesa da Língua.

Máis información no web de Alto Minho e no do MDL

Universo culturagalega.gal

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lugo, Alto Minho, Historia, BD Banda

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares