Dúas longametraxes figuran entre os proxectos de Perro Verde Films a curto prazo

Chegan os cans verdes

29/5/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Despois de presentar “Berros no corredor” o pasado día 26, a produtora coruñesa Perro Verde Films xa ten os ollos postos noutros proxectos. Este verán rodará en Santiago a longametraxe “A noite da puta e o pan” (título provisional) que contará coa participación de Luis Tosar e coa que o compostelán Alfonso Zarauza se estrea na dirección. Canda esta produción, pretenden rematar a produción de animación 3D “A arca que non é” que ten prevista a súa estrea para o primeiro semestre de 2008.

Máis información no web de Perro Verde Films e na súa ficha en AVG

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cans, Alfonso Zarauza, Animación, Culturagalega...

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos
Lugares