Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Os Cempés despediranse do seu público na gala dos VI Premios Opinión de Música Folk

A SEXTA OPINIóN

Os Cempés despediranse do seu público na gala dos VI Premios Opinión de Música Folk

FOLK | maio 21, 2007

imaxe non dispoñible

O vindeiro 11 de outubro o escenario do Teatro Colón na Coruña acollerá a gala e entrega dos VI Premios Opinión de Música Folk e xa está confirmado o cartel de músicos que actuarán nesta celebración. A gala servirá como colofón de despedida para o grupo ferrolán Os Cempés, que se disolve despois dunha ducia de anos en activo e dará aquí o que probablemente sexa o seu último concerto. Tamén o trío Nordestin@s, grandes protagonistas do ano discográfico acompañarán coa súa actuación esta gala, así como está prevista a actuación do gaiteiro Xosé Miguélez, primeiro intérprete deste instrumento en posuír un título oficial d mesmo. A voz de Maite Dono pechará as actuacións da gala acompañada por un piano.

Máis información en La Opinión