Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O Festival Mózart chega á novena edición coa intención de buscar novos públicos para a ópera
O Festival Mózart chega á novena edición coa intención de buscar novos públicos para a ópera
abril 4, 2007
Prezos máis asequibles, a incorporación de novos espazos como o teatro Colón e un deseño de vestiario asinado por un modisto recoñecido como Lorenzo Caprile indican un cambio de xiro na próxima edición do Festival Mozart. Con estas medidas, o festival da ópera coruñés pretende achegar este xénero clásico ao gran público. A nova cita, que terá lugar do 16 de maio ao 7 de xullo, achegarase ao contorno dramático e musical do compositor salzburgués ao representar a sobras “Il Re pastore “ e “A frauta máxica”, así como o seu “Réquiem” ou a música incidental “Thamos, Rey de Exipto”.
Máis información no web do Festival en El Ideal Gallego e en La Voz de Galicia
Tamén che pode interesar:
- 3/ 6/ 2014 | A Coruña presenta a súa nova Temporada Lírica
- 5/ 5/ 2014 | A Coruña fica sen Festival Mozart
- 26/ 8/ 2013 | A primeira produción propia da Asociación de Amigos da Ópera chega a Bilbao
- 7/ 5/ 2013 | O violinista Pinchas Zukerman abre a edición do Festival Mozart
- 23/ 4/ 2013 | Mozart e a ópera protagonizan esta edición do Festival Mozart