Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Críticos europeos salientan o traballo de Faltriqueira mentres Luar na Lubre inicia xira con apoio da Xunta
Críticos europeos salientan o traballo de Faltriqueira mentres Luar na Lubre inicia xira con apoio da Xunta
xaneiro 2, 2007
O ano comeza con novas sobre a proxección exterior da nosa música, especialmente do folk. Os críticos que elaboran a prestixiosa lista Worl Music Chart Europe cos mellores discos folk de 2006 destaban o traballo "Effecto" do grupo eumés Faltiqueira. Ao tempo, Luar Na Lubre anunciou a pasada fin de semana que vai iniciar unha xira internacional para a que conta co apoio da Consellaría de Industria. Venezuela, Arxentina, Cuba ou Brasil son algúns do países que visitará a formación, que quere servir para promover o turismo no nosos país. Finalmente, e xa fóra do folk, unha obra de Fernando Neira e Tito Lesende revela que oito discos galegos de pop-rock están na lista dos 201 mellores de todo o estado desde 1966. Os Resentidos, Siniestro Total, Andrés do Barro e Deluxe son algúns dos nomes do país que aparecen nesta lista.
Máis información noFaro de Vigo, en La Voz de Galicia e en El País
Tamén che pode interesar:
- 27/ 3/ 2020 | Luar na Lubre avanzan dous temas do seu seguinte disco sobre o Camiño de Santiago
- 31/ 1/ 2017 | Luar na Lubre inicia a xira de 30 aniversario con nova vocalista
- 25/ 11/ 2016 | Luar na Lubre repasa nun novo álbum 30 anos de carreira
- 1/ 12/ 2015 | Luar na Lubre celebra tres décadas con Extramundi
- 3/ 12/ 2014 | Luar na Lubre publica o concerto Torre de Bregoghán