Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Siniestro Total celebra as súas vodas de prata cun concerto de homenaxe á movida viguesa
Siniestro Total celebra as súas vodas de prata cun concerto de homenaxe á movida viguesa
decembro 29, 2006
O Cine Salesianos de Vigo volveu abrir as súas portas un mércores 27 de decembro para Siniestro Total. Tal e como fixo hai vinte e cinco anos a banda viguesa quixo celebrar o seu cuarto de século de vida cun concerto plagado de referencias a un dos movementos de maior efervescencia cultural da olívica. A movida viguesa volveu por unha noite na que Julián Hernández volveu a liderar o grupo de deixou tras de si éxitos como “Miña terra galega”, “Alégrame el día” ou “Ayatolah”. A festa continuou o día seguinte, co concerto que a fomación ofreceu ao remate do partido da selección galega de fútbol, que empatou a uns con Ecuador.
Máis información en La Voz de Galicia, El País e sobre “Siniestro Total” na nosa hemeroteca
Tamén che pode interesar:
- 16/ 9/ 2019 | O Museo do Mar dálle voz ao talento musical olívico no festival Vigo Emerxe
- 26/ 7/ 2012 | O festival Son de Vigo promociona os grupos locais da Cidade Olívica
- 2/ 4/ 2008 | Siniestro Total celebra vodas de prata nun disco con toda a súa traxectoria
- 14/ 3/ 2008 | A movida é actualidade cun documental sobre Siniestro Total e a publicación dun vinilo de Viuda Gómez e Hijos
- 21/ 5/ 2006 | Brath celebra as súas vodas de prata cun novo disco e anuncia outro para o outono