Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A Universidade de Granada lembra a figura de Bal y Gay nas súas Xornadas de Cultura Galega
A Universidade de Granada lembra a figura de Bal y Gay nas súas Xornadas de Cultura Galega
novembro 28, 2006
Jesús Bal y Gay (1905-1993) é un dos músicos desa xeración perdida que truncou a Guerra Civil. Foi compositor, crítico, musicólogo, mestre, impulsor de revistas e editoriais e desenvolveu, tanto no Estado como no seu exilio en México, un labor comprometido coa construcción dunha infraestructura musical inexistente. Sobre a súa figura fálase nesta edición das Xornadas de Cultura Galega que se desenvolven ata o xoves na Universidade de Granada.
Máis información sobre as xornadas no web da Universidade de Granada e sobre Bal y Gay na nosa hemeroteca