Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Os ferroláns Norfolk presentan no FIMO o seu novo disco “Cousas nosas”
Os ferroláns Norfolk presentan no FIMO o seu novo disco “Cousas nosas”
maio 16, 2006
“Cousas nosas” é o segundo traballo discográfico desta banda que deu os seus primeiros pasos no certame A Mocidade coa Lingua organizado polo concello de Ferrol a finais do 90. O seu primeiro disco “Brillan astros”(2003) gravárono como consecuencia de ter sido finalista en 1999 do concurso Nordés Coruña. Durante o verán Norfolk presentará o seu novo traballo con varios concertos entre os que destaca a actuación de apertura no concerto dos míticos Gwendal nas festas de Ferrol. O disco pódese adquirir polo de agora contactando cos membros do grupo e nas tendas M-4 e Montana de Ferrol.
Máis información en Diario de Ferrol
e no weblog de Norfolk