Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Grigory Sokolov inaugura na Coruña o Festival Mozart

ENTRE MOZART E A MúSICA

Grigory Sokolov inaugura na Coruña o Festival Mozart

CLáSICA/LíRICA | maio 4, 2006

imaxe non dispoñible

A Coruña inicia mañá unha nova edición do Festival Mozart. Este ano conta coa peculiaridade que se integra dentro das celebracións do 250 aniversario do nacemento do compositor salzsburgués. Grigory Sokolov será o encargado de abrir un evento que só programará a Mozart no instrumental, camerístico e sinfónico e nin unha soa ópera, malia ser unha cita lírica. Por outra banda, xa se coñecen máis detalles da outra cita de referencia que é o “Festival de Música de Galicia”. Segundo o director xeral de Creación e Difusión Cultural, Luís Bará, o evento terá este ano menos presuposto pero seguirá sendo de calidade. A edición deste ano será de transición, porque se prevé unha reestruturación de cara ao 2007.

Máis información do Festival Mozart no seu web e na nosa hemeroteca; e sobre o Festival de Música de Galicia en Galicia Hoxe e na nosa hemeroteca