Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A Federación Galega de Bandas de Música presenta a súa Banda Sinfónica
A Federación Galega de Bandas de Música presenta a súa Banda Sinfónica
abril 28, 2006
O Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, acollerá mañá a presentación da Banda Sinfónica de Galicia. Esta formación, impulsada desde a Federación Galega de Bandas de Música Populares, preséntase oficialmente logo dunha longa xestación de cinco anos. En total, son noventa e cinco músicos de todo o país os que participan neste evento, cunha idade media de vinte e dous anos. No programa inclúese a estrea da obra "Hipófisis (Fantasía)" do compositor Xabier Ces e unha versión musicada do poema "A Saleta" de Manuel María.
Máis información en El Correo Gallego e en La Voz de Galicia