Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A inclusión de competencias de música no IGAEM inicia o seu proceso de reestructuración
A inclusión de competencias de música no IGAEM inicia o seu proceso de reestructuración
abril 27, 2006
O Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais (IGAEM) acaba de anunciar novas axudas para a música galega, así como un traballo de promoción no exterior. Non é unha iniciativa puntual senón das primeiras actuacións relativas a contidos coas que se reestructurará o IGAEM. Anunciouno o director xeral de Creación e Difusión Cultural, Luís Bará, na súa intervención no Parlamento, na que tamén apuntou que o Instituto estaba nunha situación de “rutina e continuidade da súa programación”. A segunda parte do cambio, que se realizará ao final da lexislatura, afectaralle aos órganos de xestión, á estrutura interna e ao seu réxime económico e financeiro.
Máis información en Galicia Hoxe e La Opinión