Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Os artistas finalistas nos Premios de la Música demandan políticas de apoio da Xunta ao sector musical
Os artistas finalistas nos Premios de la Música demandan políticas de apoio da Xunta ao sector musical
abril 20, 2006
Os finalistas galegos dos Premios da Música que convoca a Academia das Artes e as Ciencias da Música reunidos pola SGAE coincidiron en reclamar o apoio da Xunta ao sector musical en Galicia. Tanto Ramón García, de Milladoiro, como Xosé Lois Romero, de NGD, aludiron á importancia da dimensión económica do sector e a necesidade de sentir o apoio institucional. mesmo contemplaron a creación duns premios da música galega. Os candidatos a mellor canción en galego son Nova Galega de Danza, por “Alalá”; Xabier Díaz e Guillermo Fernández, por “Pedra de Sal”, e o grupo Mamá Cabra por “Tan só con leres un libro”. A eles hai que engadir as candidaturas nas categorías absolutas de Milladoiro co disco “25”, que compite ao Mellor Album de Música Tradicional e Amaro Ferreiro, que compite como Autor Revelación pola canción “Turnedo” interpretada por Iván Ferreiro. Tamén o músico de orixe ferrolá Carlos Jean é candidato pola banda sonora da película “Ausentes”. Os gañadores coñeceranse o vindeiro cinco de maio.
Máis información en La Voz de Galicia
Tamén che pode interesar:
- 20/ 4/ 2023 | Sete postos finalistas nos Premios MIN recoñecen o éxito de Tanxugueiras en 2022
- 20/ 8/ 2021 | Os Premios Martín Códax recoñecen cun galardón os esforzos de salas e festivais
- 17/ 2/ 2021 | O vigués Sen Senra única presenza galega nos finalistas dos Premios Odeon
- 20/ 10/ 2014 | A banda N.H.U. é recoñecida co galardón honorífico dos Premios Martín Códax da Música
- 17/ 2/ 2012 | Trece finalistas compiten polos Premios Opinión de música folk