Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O goberno galego financiará economicamente o programa “Cultura Quente”
O goberno galego financiará economicamente o programa “Cultura Quente”
marzo 21, 2006
O festival “Cultura Quente” contará este ano coa axuda do goberno galego. Segundo publica hoxe “Diario de Pontevedra” o director xeral de Creación e Difusión Cultural, Luís Bará, confirmou verbalmente ao concelleiro de Cultura de Caldas, Manuel González, que se implicará economicamente no festival. A programación do evento que se desenvolverá do 1 ao 16 de xullo, está practicamente pechada e xirará ao redor da emigración e da recuperación da memoria histórica.
Máis información no Diario de Pontevedra e sobre o festival na nosa hemeroteca