Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Milladoiro, Carlos Jean e Amaro Ferreiro son finalistas nos X Premios da Música
Milladoiro, Carlos Jean e Amaro Ferreiro son finalistas nos X Premios da Música
marzo 10, 2006
Hoxe comeza a segunda e definitiva quenda de votacións que decidirá os gañadores dos X Premios da Música. Entre os finalistas do certame que organiza a Academia das Artes e das Ciencias da Música hai varios galegos. Na categoría de mellor álbum tradicional está Milladoiro con“25”, traballo co que celebra as súas vodas de prata. Pola súa banda, Amaro Ferreiro é finalista como mellor autor revelación polo tema "Turnedo", que interpreta o seu irmán Iván, ex-vocalista de Los Piratas. Ademais, o ferrolá Carlos Jean é candidato a mellor álbum de banda sonora cinematográfica por “Ausentes”. Por ultimo, Nova Galega de Danza, Xabier Díaz e Mamá Cabra compiten ente si polo premio a mellor canción en galego. Nesta edición o álbum “No te olvides de mi”, de Diana Navarro é a gran favorita con seis candidaturas.
Máis información no web da Academia das Artes e das Ciencias da Música
Tamén che pode interesar:
- 28/ 10/ 2016 | Iván Ferreiro convídanos á súa Casa
- 28/ 4/ 2016 | Amaro Ferreiro preséntase en solitario con Biólogo
- 14/ 2/ 2008 | Os Premios da Música contan con nove galegos que acaparan dez candidaturas
- 21/ 12/ 2007 | Os Premios Maketón poñen nome ao mellor da música viguesa no 2007
- 30/ 8/ 2007 | Iván Ferreiro e Carlos Jean optan a levar cadanseu Grammy latino