Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O compositor Octavio Vázquez estrea a súa nova obra mentres o pianista David Garrido actúa en Ourense
O compositor Octavio Vázquez estrea a súa nova obra mentres o pianista David Garrido actúa en Ourense
novembro 18, 2005
Dous dos nomes mais internacionais da nosa música clásica coinciden hoxe no país. Por unha banda a Orquestra Sinfónica de Galicia estrea esta noite “Styx”, a nova obra do compositor Octavio Vázquez. Pola súa banda, o pianista David Garrido interpretará esta noite no Liceo ourensán pezas clásicas de Mozart, Beethoven ou Liszt entre outros. Esta é a primeira vez que o intérprete actúa neste escenario desde 1996, logo de ter visitado países coma Estados Unidos ou Venezuela.
Máis información en La Voz de Galicia e na edición de hoxe de La Región