Ti estás aquí > Inicio / / Luz Casal leva o seu último traballo a América, continente que inspira o novo de Luar na lubre
Luz Casal leva o seu último traballo a América, continente que inspira o novo de Luar na lubre
outubro 31, 2005
“Saudade” é o novo traballo de Luar na Lubre. Un disco coa que estrean nova cantante, Sara vidal, e que está inspirado na música feita por e para os galegos que viviron na América, tanto os emigrados como os exiliados. E en América estará a cantante de Boimorto, Luz Casal, na que será a xira de presentación do seu último traballo, o dobre álbum “Pequenos, medianos e grandes éxitos”. Un recompilatorio que se remonta a 25 anos atrás, cando comezou a súa carreira en solitario.
Máis información no web de Luar na Lubre e no de Gisaku Luz Casal
Tamén che pode interesar:
- 27/ 3/ 2020 | Luar na Lubre avanzan dous temas do seu seguinte disco sobre o Camiño de Santiago
- 31/ 1/ 2017 | Luar na Lubre inicia a xira de 30 aniversario con nova vocalista
- 25/ 11/ 2016 | Luar na Lubre repasa nun novo álbum 30 anos de carreira
- 1/ 12/ 2015 | Luar na Lubre celebra tres décadas con Extramundi
- 3/ 12/ 2014 | Luar na Lubre publica o concerto Torre de Bregoghán