Budiño, Seivane e Sondeseu levan os premios La Opinión de folk
outubro 24, 2005
O pasado venres o mundo folk estaba pendente da Coruña. O xornal “La Opinión” entregaba os seus cuartos premios ás mellores gravacións deste estilo musical do pasado ano. O disco “Zume de terra” de Xosé Manuel Budiño levou o primeiro premio, seguindo de “Mar de Vigo”, da orquestra folk Sondeseu e por “Mares de tempo” de Susana Seivane. Noutro estilo esta fin de semana coñecemos a presenza dun novo galego na prestixiosa Red Bull Music Academy. O picadiscos vigués Mwëslee parte para Seattle, onde, ao longo dos vindeiros dous meses se formará en música electrónica canda a participantes de todo o mundo e coa presenza dos mais reputados nomes internacionais neste campo.
Máis información en
La Opinión, no foro de Sinsalaudo.com e na edición de hoxe de Diario de Pontevedra , sobre a presenza galega na Red Bull Academy nos nosos arquivos
Tamén che pode interesar:
- 2/ 7/ 2014 | Fol Música ábrese aos sons do mundo
- 2/ 6/ 2014 | Caxade leva o premio Opinión ao mellor artista folk
- 28/ 2/ 2014 | Coñécense os finalistas dos XIII Premios Opinión
- 14/ 2/ 2014 | Dorothé Schubarth leva o premio Andaina Senlleira de La Opinión
- 16/ 12/ 2013 | A Orquestra Sondeseu estrea as súas Danzas brancas