Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Un tema de Luar na Lubre forma parte do proxecto musical “Love the Earth” da Expo de Aichi
Un tema de Luar na Lubre forma parte do proxecto musical “Love the Earth” da Expo de Aichi
xullo 14, 2005
A canción Terra, incluída no disco “XV Aniversario” de Luar na Lubre, foi seleccionada para estar incluída no CD do programa musical preparado pola Exposición Universal de Aichi, en Xapón, que ten como lema “A sabedoría da Natureza”. O grupo galego achega así un tema dos dezasete que compoñen o álbum “Love the Earth” e no que comparte disco con artistas como Loreena McKennitt, Eric Clapton, Youssou N’Dour ou The Corrs, entre outros. O disco inclúe a letra en galego e en xaponés. Os representantes do grupo están en negociacións para levar a Luar na Lubre a actuar proximamente nalgún dos festivais de música celta que se fan anualmente no Xapón.
Máis información no sitio de Luar na Lubre
e no sitio web da EXPO de Aichi
Tamén che pode interesar:
- 27/ 3/ 2020 | Luar na Lubre avanzan dous temas do seu seguinte disco sobre o Camiño de Santiago
- 31/ 1/ 2017 | Luar na Lubre inicia a xira de 30 aniversario con nova vocalista
- 25/ 11/ 2016 | Luar na Lubre repasa nun novo álbum 30 anos de carreira
- 1/ 12/ 2015 | Luar na Lubre celebra tres décadas con Extramundi
- 3/ 12/ 2014 | Luar na Lubre publica o concerto Torre de Bregoghán