Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A metamorfose de Doa en Cantigalia inclúe a Rosa Cedron no proxecto musical
A metamorfose de Doa en Cantigalia inclúe a Rosa Cedron no proxecto musical
abril 20, 2005
A incertidume sobre o futuro da ex-Luar na lubre, Rosa Cedrón, xa rematou coa última nova que a sitúa como parte dun novo grupo de nome Cantigalia xunto aos membros de Doa. Cedrón deixou en xaneiro Luar na lubre despois de nove anos nesa formación para “facer algo diferente”. Cantigalia supón unha aposta pola música folk medieval na que a cantante traballará xunto aos membros de Doa, un grupo que se creou nos anos setenta e que aínda seguía en activo. Os veteranos músicos Xoán Piñón, Bernardo Martínez e Xaquín Blanco fornecen a formación coa voz e o violonchelo de Cedrón buscando a interpretación anovadora da música popular e medieval.
Máis información en El Ideal Gallego