Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Presentado o Festival Internacional e o Concurso Nacional de Piano Vigo 2005

VIGO AO PIANO

Presentado o Festival Internacional e o Concurso Nacional de Piano Vigo 2005

CLáSICA/LíRICA | abril 15, 2005

imaxe non dispoñible

O Festival Internacional de Piano Vigo 2005, presentado hoxe, traerá a Vigo desde o 19 da abril algúns dos máis destacados intérpretes deste instrumento a nivel internacional como o cubano Leonel Morales e os recoñecidos pianistas Antonio Di Cristofano, Francesco Monopoli, Pierluigi Camicia, Enrique Bátiz, Giovanni Humberto Battel e Evgueni Starodoubtsev. Comeza este ano e con vocación de continuidade o Concurso Nacional de Piano "Compositores de España" do 26 de maio ao 1 de xuño. O concurso está aberto tamén a pianistas portugueses e comprende tres categorías: infantil (ata os 12 anos), xuvenil (dos 13 aos 18 anos), e novo concertista (de 19 a 33 anos).Cada ano o concurso dedicarase a un compositor español. Na presente edición homenaxéase a Antón García Abril, interpretándose as súas diferentes obras escritas para piano.

Máis información en Xornal de Vigo