Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A importancia da música para a construción da identidade centra a primeira xornada dos encontros “O Son da Memoria”

IDENTIDADE EN NOTAS

A importancia da música para a construción da identidade centra a primeira xornada dos encontros “O Son da Memoria”

FOLK | febreiro 18, 2005

imaxe non dispoñible

Os colectivos de galegos emigrados empregaron e empregan aínda a música como un elemento para construír a súa identidade no estranxeiro. Este proceso centrou a primeira xornada dos IV Encontros “O Son da Memoria” que organiza o Arquivo Sonoro de Galicia e que analizan a música na emigración. Na xornada de hoxe, ademais de abordar a situación da música galega en Cuba durante o primeiro terzo do século XX tratarase tamén a figura de Andrés Gaos, quizais o compositor galego que máis prestixio internacional acadou.

Máis información no web do Consello da Cultura e en La Voz de Galicia