Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / / A OSG declina gravar a banda sonora de "Mar adentro" porque foron avisados con pouca antelación

SONS ADENTRO

A OSG declina gravar a banda sonora de "Mar adentro" porque foron avisados con pouca antelación

BSO | xuño 29, 2004

imaxe non dispoñible

O novo filme de Alejandro Amenábar, "Mar adentro" non só conta a historia dun galego, senón que foi rodado en varias localidades coruñesas, senón que alén diso, a súa banda sonora contará coa participación de Carlos Núñez. O son podería levar tamén o selo da Orquestra Sinfónica de Galicia mais a formación tivo que rexeitar a proposta da produtora por problemas de calendario. Segundo publica o xornal La Opinión, a OSG foi avisada con pouco tempo de antelación, o que fixo imposíbel poder asumir o proxecto.

Máis información en La Opinión