Ti estás aquí > Inicio / DISCO / A gaiteira Susana Seivane presenta no Consello da Cultura Galega o seu novo traballo “Mares de Tempo”
A gaiteira Susana Seivane presenta no Consello da Cultura Galega o seu novo traballo “Mares de Tempo”
maio 5, 2004
Primeiro foi ela mesma (“Susana Seivane”), logo tivo “Alma de Buxo” e agora a gaiteira coruñesa acaba de sacar ao mercado “Mares de tempo”. No seu terceiro traballo recupera a esencia tradicional dos anteriores álbumes, pero avanza un paso máis ao ofrecer arranxos máis innovadores. “Mares de Tempo”, editado por Boa Music, é un CD-DVD que inclúe imaxes dos seus concertos e distintas citas internacionais, un making off e distintos momentos do proceso de gravación do disco.
Tamén che pode interesar:
- 15/ 10/ 2020 | Susana Seivane recupera nun disco os temas que interpretou durante o confinamento
- 14/ 9/ 2018 | Susana Seivane explora a maternidade en FA
- 21/ 1/ 2014 | Xurxo Mares achega Revelaciones
- 31/ 7/ 2008 | Ribeira de Piquín galardoa a traxectoria artística de Xosé Manuel Seivane
- 17/ 8/ 2007 | Ouvirmos documenta a primeira gaiteira galega nos anos vinte