Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / / Inxección económica para salvar a OSG

O CONCELLO CONCEDERá UN CRéDITO SUPLEMENTARIO DE 660.000 EUROS PARA CUBRIR AS CONTAS DA SINFóNICA ESTE ANO

Inxección económica para salvar a OSG

CLáSICA/LíRICA | novembro 15, 2024

imaxe non dispoñible

A complicada situación económica da Orquestra Sinfónica de Galicia, que está a crear preocupación mesmo entre os seus membros ven de superarse no curto prazo. Segundo avanza o xornal La Voz de Galicia os grupos municipais do PSdG-PSOE e BNG acordaron que o Concello conceda un suplemento de crédito de 660.000 euros destinado á xestión das actividades da agrupación orquestral. Este montante irá destinado ao pago de alugueiros, contratación de solistas e a cubrir as subas salariais derivadas do incremento do IPC. A situación do Consorcio para a Promoción da Música mantense aínda pendente de maiores pasos para a súa estabilización económica, o que depende non só do goberno local, senón tamén da Xunta de Galicia.