Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / As débedas afogan o consorcio que sostén a Orquestra Sinfónica de Galicia
As débedas afogan o consorcio que sostén a Orquestra Sinfónica de Galicia
outubro 25, 2024
Este venres 25 de outubro o Consorcio para a Promoción da Música, que xestiona a Orquestra Sinfónica de Galicia e a Escola Municipal de Música da Coruña, aproba as súas contas para 2023. Segundo publica o xornal La Opinión, a entidade acabou ese ano cun déficit de 813.872 euros que pon en perigo a continuidade do seu ritmo actual de actividades.
O Consorcio contou en 2023 cun orzamento de 6,65 millóns de euros, logo dun incremento do apoio municipal da Coruña en 250.000 euros e de que a Xunta mantivese a súa achega por riba por 3 millóns de euros desde 2021. La Opinión adianta ademais que a previsión para 2024 é que a achega autonómica se incremente noutros 300.000 euros.
O goberno local coruñés denuncia, no entanto, que a actual situación económica do consorcio é resultado da falta de financiamento acordado co Goberno Autonómico, unha débeda que, segundo o municipio, chega aos 5 millóns de euros.
No informe da intervención municipal sobre as contas, apúntase a necesidade de tomar medidas de contención de gasto, mesmo que iso supoña unha diminución no número de actividades que desenvolve o Consorcio.
Tamén che pode interesar:
- 5/ 8/ 2021 | A Xunta concreta o seu apoio á Orquestra Sinfónica en 3,5 millóns de euros
- 24/ 5/ 2018 | A Orquestra Sinfónica de Galicia entra no catálogo de BIS Records
- 11/ 1/ 2016 | A Orquestra Sinfónica suspende a venda de abonos da Temporada Lírica
- 4/ 10/ 2013 | A Sinfónica arrinca a súa tempada musical
- 23/ 8/ 2013 | Víctor Pablo Pérez ofrece hoxe o seu derradeiro concerto á fronte da Sinfónica de Galicia