Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A Coruña acolle a primeira edición do festival 'Aquí tamén se fala'

GRANDE AMORE, BOYANKA KOSTOVA, LONTREIRA E LERIA FAN PARTE DO PROGRAMA PARA O DíA 7 DE XUñO

A Coruña acolle a primeira edición do festival 'Aquí tamén se fala'

MISCELáNEA | xuño 5, 2024

imaxe non dispoñible

A campaña de normalización lingüística 'Aquí tamén se fala', que promove o IES Plurilingüe Rafael Dieste da Coruña, dá un novo paso. Este 7 de xuño a praza da Concordia da Cidade Herculina acolle a primeira xeira do "festival de música contemporánea galega" que reúne a catro grupos que cantan na nosa lingua a partir das 17 horas con entrada de balde.

Grande Amore, Boyanka Kostova, Lontreira e Leria compoñen o programa da primeira edición do festival 'Aquí tamén se fala', que se desenvolve por iniciativa do IES Rafael Dieste con apoio da Dirección Xeral de Política Lingüística e da Deputación da Coruña. A campaña de dinamización conseguiu desde o pasado mes de decembro de 2023 a adhesión de douscentos centros de ensino de todo o país e preto de 50.000 estudantes.