Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O Galegote volve aos bares e inclúe artistas portugueses

O FESTIVAL PONTEVEDRéS DA MúSICA EN GALEGO CELEBRA DOCE ANOS CUNS POUCOS CAMBIOS

O Galegote volve aos bares e inclúe artistas portugueses

MISCELáNEA | abril 9, 2024

imaxe non dispoñible

O 27 de abril terá lugar unha nova edición do Galegote (anteriormente Galegote Rock) en Pontevedra, o festival que reúne unha selección da ampla oferta da escena musical en lingua galega. A cita, promovida polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra, presenta algunhas novidades nesta edición número 12, ademais da simplificación do seu nome. Unha das novidades máis importante é o feito de que recupera os bares como escenarios principais e ofrecerá neles 14 actuacións repartidas durante o día nos seguintes establecementos: O Diaño, Tabula Rasa, Nasa, La Hormiga, La Pomada, O Grifón, O’Panderetas, La Verbena, Chirala, The Groove House e Sopa de Gallo. Outra da novidades é á incorporación de música do veciño portugal, na súa lingua propia. Así o cartel do festival, que non renuncia ao xénero do rock aínda que é máis amplo, agrupa bandas galegas con traxectoria, voces emerxentes e representación local, con nomes coma Moura, Lacón sen Jrelos, Ataque Escampe, Caldo, Hydn ou Zeltia Irevire, ente outros, e inclúe ademais dúas presenzas lusas: Duques do Precariado e compositora Érika Machado. Entre todos conforman o programa desta xornada festiva e musical, que contará tamén con programación infantil, da man de Cora Velasco e Sandra Asín. Todas as actuacións teñen entrada libre e de balde.