Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Nace en Redondela A Fedora, Conserveira cultural

O NOVO ESPAZO ACOLLERá PROXECTOS DE MúSICA OU DE ARTES ESCéNICAS E OFERTARá UNHA PROGRAMACIóN ESTABLE

Nace en Redondela A Fedora, Conserveira cultural

MISCELáNEA | marzo 4, 2024

imaxe non dispoñible

Este 2 de marzo abría as súas portas en Redondela A Fedora. Co epígrafe Conserveira cultural, este novo espazo recupera para o público unha antiga nave industrial da vila. Da man da Asociación Cultural A Fedora, este espazo propón manter unha programación estable de concertos e artes escénicas.

A entidade que promoveu a iniciativa anuncia ademais que está aberta a recibir solicitudes de proxectos culturais que precisen dun espazo para o seu desenvolvemento. Residencias artísticas e técnicas, clown, teatro, música ou mesmo formación e xornadas son algunhas das propostas que a asociación agarda acoller no futuro.

A sesión inaugural contou con Alfonso Gharabillo, Sofía Espiñeiro, o Cabaré de Circo e mais a música de Joy and the Smoking Machines. O nome da Fedora que se aplicaba á nave, e que este proxecto reivindica, deriva do cheiro que producía a fábrica de aceite de peixe que estaba instalada no local.