Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Unha gala na Coruña conmemora a Luísa Villalta

A FEDERACIóN GALIZA CULTURA ORGANIZA INAUGURAR O TEMPO DA XUSTIZA ESTE 6 DE MARZO

Unha gala na Coruña conmemora a Luísa Villalta

CLáSICA/LíRICA | marzo 4, 2024

imaxe non dispoñible

A coincidir co vixésimo aniversario do falecemento da homenaxeada o Día das Letras Galegas deste 2024, a Federación Galiza Cultura organiza este 6 de mrazo Inaugurar o tempo da xustiza. Celebrando a Luísa Villalta. O Teatro Rosalía de Castro acolle esta gala que mestura música e poesía e que estará presentada por Xosé Manuel Carril.

Un recital de versos da homenaxeada a cargo de Marica Campo, Xulio López Valcarce, Cesáreo Sánchez e Eva Veiga abrirán a sesión que contará cunha conferencia de Pilar García Negro sobre a autora.

O autor Miguel Pernas porá en escena a peza Concerto para un home só e o Grupo Instrumental Siglo XX interpretará unha selección de pezas O paseo das esfinxes. Op.49, (música escénica para a obra homónima de Luísa Villalta) 1990, e a adaptación para trío de corda que o mesmo autor realizou da Suite núm. 3 para cello Op.296 de J. S. Bach. Xurxo Souto fechará o programa coa intervención O outro lado da música a partir do texto homónimo de Villalta.