Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / / Nace Gratia Plena, "un festival en feminino"

OURENSE ACOLLE A PRIMEIRA EDICIóN DO EVENTO QUE PROMOVE A FUNDACIóN SANTAMARíA-TEME

Nace Gratia Plena, "un festival en feminino"

MISCELáNEA | febreiro 29, 2024

imaxe non dispoñible

Dúas actuacións, os días 3 e 10 de marzo, compoñen o programa da primeira xeira de Gratia Plena. Este proxecto da Fundación Santamaría-Teme nace en Ourense a se definir como "un festival en feminino" e desenvolve as súas actividades da Capela do Santo Anxo arredor do Día Internacional da Muller que se celebra o 8 de marzo.

Un concerto de piano de María Mendoza ocupa o programa do día 3, cun repertorio que inclúe diferentes composicións. O día 10 será a quenda de Yolanda Castaño, Premio Nacional de Poesía, que recitará os seus versos acompañada á guitarra de José Manuel Dapena. As actuacións, que teñen á venda as súas entradas a un prezo de dez euros, desenvolveranse ás 12 da mañá, "hora do Ángelus", segundo lembra a organización do evento, o que permitirá "contemplar a capela en todo o seu esplendor".

Este é a primeira actividade deste tipo da Fundación, que inicia unha nova etapa da súa actividade a desenvolver propostas abertas ao público. Coa iniciativa a entidade quere tamén dar a coñecer o patrimonio arquitectónico que supón esta capela, construída en 1925 con deseño do arquitecto ourensán Daniel Vázquez-Gulías e que contén un conxunto de 23 vidreiras deseñadas por Jesús Soria.