Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Estrea absoluta da ópera infantil OCA no Teatro Colón

O COMPOSITOR JUAN DURáN E GLORIA RICO TOMARON COMO INSPIRACIóN O XOGO DA OCA

Estrea absoluta da ópera infantil OCA no Teatro Colón

CLáSICA/LíRICA | decembro 12, 2023

imaxe non dispoñible

A Orquestra e coro GAOS estrea mañá mércores 13 de decembro no Teatro Colón da Coruña a ópera infantil OCA, de Gloria Rico e Juan Durán. Tomando o popular xogo da oca como inspiración esta peza interpretada por nenos do Coro MiniGaos conta con texto de Rico e coa composición musical do mestre Durán. Fernando Briones leva a dirección musical. Cunha duración de aproximadamente unha hora, esta obra preséntase como unha viaxe iniciática a través de diferentes episodios da vida, desde o comezo do xogo ata a chegada ao xardín, no que o obxectivo é sempre avanzar. Esta estrutura correspóndese musicalmente cun prólogo, sete cadros e un epílogo, entre os cales media a narración dunha actriz.

Amigos da Ópera da Coruña propúxose como obxectivo a difusión e promoción dos compositores galegos, especialmente de aqueles que se achegaron ao xénero vocal a través da ópera ou da canción formal. Nesta ocasión, dentro desta edición do festival de Ópera da Coruña a aposta é pola obra de Juan Durán, que aborda un aspecto pouco tratado no xénero lírico: o material especificamente creado para un público infantil. Pero o máis interesante é que a súa execución artística tamén está pensada para intérpretes infantís, o que a converte nunha obra perfecta para gozar en familia.

Ligazóns