Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O Buril reúne en Sarria aos 'punkis de aldea'

ESTE SáBADO ACTUARáN ATA 21 FORMACIóNS DESE PERFIL DE XEITO ININTERROMPIDO DURANTE CATORCE HORAS

O Buril reúne en Sarria aos 'punkis de aldea'

ROCK | abril 20, 2023

imaxe non dispoñible

A A.C. O Buril de Sarria organiza este sábado 22 de abril o 'Encontro de Punkis de Aldea', un festival que reunirá ata 21 grupos musicais que teñen en común dúas cousas: unha posición musical e ideolóxica punk e un vencello claro co mundo rural. Nun horario continuo desde as 13.00 horas ata as 3 da madrugada non parará a música no local desta entidade. A banda residente de O Buril, Sudor do tractorista, abrirá a xornada como formación anfitrioa para despois seguir co resto das bandas, chegadas desde diversos puntos de toda Galicia e algunhas de fóra, desde Barcelona, Asturias, Murcia ou Valladolid.