Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Unha xira de concertos dá a coñecer a banda sonora de Negro Púrpura

O THEREMINISTA PAULO PASCUAL INTERPRETARá OS TEMAS EN COMPOSTELA, VIGO E VILAR DE SANTOS

Unha xira de concertos dá a coñecer a banda sonora de Negro Púrpura

ELECTRóNICA | marzo 2, 2023

capa_bso_negro_purpura.jpg

O Teatro Principal de Santiago de Compostela acolle este 2 de marzo a presentación do vinilo que recolle a banda sonora de Negro Púrpura. Paulo Pascual correu coa composición da que é a primeira banda sonora do Estado realizada integramente con theremin. Considerado un dos primeiros instrumentos da música electrónica, o intérprete modula as notas mediante a posición das súas mans nun campo magnético.

O álbum, que se presenta en vinilo de edición limitada, dáse a coñecer con tres concertos, nos que se inclúe a proxección do filme en presenza do equipo creativo da produtora Illa Bufarda. Negro Púrpura é unha longametraxe documental dirixida por Sabela Iglesias e Adriana P. Villanueva sobre o fungo Claviceps purpurea e a súa pegada en Galicia.

Logo da presentación en Compostela, ás 19:30 horas, a xira visitará a Arca da Noe de Vilar de Santos o vindeiro 12 de marzo. O venres 17 será o Café UF o que acolla a presentación en Vigo.

datos do disco