Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / / Nace en Bruxelas o festival Emigrason

FAMILIA CAAMAGNO, FILLAS DE CASANDRA, BERTO OU THE RAPANTS ACTúAN NA CAPITAL EUROPEA O 25 DE MARZO

Nace en Bruxelas o festival Emigrason

MISCELáNEA | febreiro 14, 2023

imaxe non dispoñible

"Levar a cultura, folclore, tradición e vangarda musical de Galicia á vila das frites e a cervexa". Este é o obxectivo de Emigrason, festival musical que se celebra en Bruxelas o vindeiro 25 de marzo. The Rapants, Lemon Pears, Familia Caamagno, Fillas de Cassandra, Filloas e Berto compoñen o cartel da primeira xeira desta iniciativa.

Artellado pola asociación Couto Mixto co apoio dos eurodeputados Nicolás Casares e Ana Miranda, o proxecto pretende dar a coñecer a nosa cultura no exterior. De xeito previo ás actuacións musicais, o venres 24 de marzo o Instituto Cervantes da capital belga contará co espectáculo No tempo dun café, que integra a música de Benxamín Otero e a narración oral de Celso Fernández Sanmartín e unha foliada a cargo de Xirandola.