Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A Asociación Amigos da Ópera de Santiago comeza o ano con dúas producións propias
A Asociación Amigos da Ópera de Santiago comeza o ano con dúas producións propias
xaneiro 3, 2023
Dous espectáculos no Auditorio de Galicia inician a actividade da Asociación de Amigos da Ópera de Santiago en 2023. O vindeiro xoves día 12 chega a escena, dirixida por Rafael F. Villalobos, A voz humana, unha adaptación da obra de Francis Poulenc en pequeno formato. A soprano dramática Nicola Beller Carbone, o pianista Juan Pérez Floristán e o actor Luis Tausía protagonizan esta montaxe que ten xa á venda as súas entradas.
Só dous días despois, o día 14, a Banda Municipal de Santiago de Compostela, o Coro Liceo de Vilagarcía e a agrupación Cantigas e Agarimos participan na posta en escena da zarzuela galega A lenda de Montelongo. Dirixida por David Fiuza, a obra conta coa soprano Patricia Rodríguez, os barítonos Gabriel Alonso e Julio Cores, o actor Gonzalo Valcárcel e a actriz Chus Sánchez.
A peza, estreada orixinalmente no Teatro Principal da capital galega en 1924, constitúe un dos principais exemplos da chamada zarzuela galega. Este xénero, consolidado ao abeiro da Irmandades da Fala, emprega a noas lingua e recolle pezas do repertorio tradicional galego como muiñeiras, coros, alalás, xotas ou cantares de cego.
Tamén che pode interesar:
- 21/ 3/ 2019 | Amigos da Ópera da Coruña recibe o premio de honra Ópera XXI
- 30/ 6/ 2017 | A Ópera da Coruña volve ao Teatro Colón
- 2/ 5/ 2014 | A Semana da Ópera encherá de lírica Compostela
- 26/ 8/ 2013 | A primeira produción propia da Asociación de Amigos da Ópera chega a Bilbao
- 28/ 2/ 2012 | Comeza en Compostela a Semana Rossiniana