Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Os festivais galegos toman posicións nos premios ibéricos do sector

ESTáN ABERTAS AS VOTACIóNS DO PúBLICO AOS CANDIDATOS EN VARIAS CATEGORíAS

Os festivais galegos toman posicións nos premios ibéricos do sector

MISCELáNEA | decembro 20, 2022

imaxe non dispoñible

Abriuse unha nova edición, á sétima, dos Iberian festival Awards, o galardóns que premian a excelencia no sector profesional dos festivais de música celebrados na península ibérica. Trece das vinte e cinco categorías a premiar dependen, nunha primeira fase, do voto do público a través da web ata o vindeiro 16 de xaneiro. En dez desas trece categorías abertas á influencia publica está agora mesmo máis dunha ducia de eventos celebrados este ano en Galicia, moitos deles tamén aparecen nas dez categorías a valorar directamente por xurados profesionais. Na lista a grandes festivais só entra este ano, pola banda galega, o festival O Son do camiño, que tamén opta noutras das categorías ; mentres, onde máis representación galega aparece, nestas primeira listas a votar, é nas categorías de festivais de tamaño medio e na de tamaño pequeno. Nas primeiras están PortAmérica, Revenidas, Río Verbena Fest, SonRías Baixas e ViveNigrán Festival; na segunda entran a competir as edicións deste ano de 17º Ribeira Sacra; Festival Sinsal Son Estrella Galicia; Revolta do Umia Festival; Underfest Son Estrella Galicia e WOS Festival x SON Estrella Galicia. Outros eventos entran nas quinielas desta fase, non só os estritamente musicais, como por exemplo os Ferve Estrella Galicia, de Pontevedra e a Mostra Internacional de Curtametraxes Vila de Noia, que compiten polo premio a mellor festival non musical. Ademais diso outros festivais, ou partes deles, como actuacións concretas dentro deles ou fotografías tomadas neles, están na lista de candidatos a outros premios desta edición dos Iberian festival Awards. A gala final de entrega de premios terá lugar na localidade portuguesa de Maia o vindeiro 11 de marzo.

Con estas votacións abertas os festivais ademais están xa a avanzar as primeiras novidades das súas vindeiras edicións para o 2023. Xa sexa en forma de asegurar datas de celebración como de adiantar nomes de cartel, nas pasadas semanas foros varios os festivais que xa moveron ficha na súa comunicación. Así, o Resurrection fest de Viveiro fixo o primeiro anuncio de cartel para o 2023 adiantando xa unha parte moi importante da súa oferta coa confirmación de máis de oitenta bandas para a súa decimoitava edición, entre elas algunhas das cabezas de cartel: Slipknot, Pantera e Ghost. O festival terá lugar na localidade lucense entre o 28 de xuño e o 1 de xullo.Mo caso de outro dos grandes eventos, o Son do Camiño, unha nova edición xa ten datas confirmadas: 15, 16 e 17 de xuño. Xustamente mañá, 21 de decembro, ábrese ao público a venda de abonos. No caso de o festival de Caldas /Portas, Portamérica, ven darse a coñecer tamén parte do cartel e datas. A celebrarse entre os días 13, 14 e 15 de xullo, o festival confirmou xa os nomes artísticos Bad Gyal, Nanpa Básico, Ysy A, Gustavo Santaolalla, Jorge Drexler, Silvana Estrada, Bandalos Chinos, Molotov, Conociendo Rusia, Orkesta Mendoza, Son Rompe Pera, La M.O.D.A, Pole, Funzo & Baby Loud, Dani Fernández, Sexy Zebras, Second, Muerdo, Flecha Valona, Marilia Monzón, Carlangas, Grande Amore e as sesións de Galician Army e La Duendeneta.