Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / LaMontagne & Pico Amperio sacan hoxe o seu primeiro álbum

"ALGO QUE SINALAR" é UN TRABALLO DE OITO TEMAS QUE XA ESTá NAS PLATAFORMAS DIXITAIS

LaMontagne & Pico Amperio sacan hoxe o seu primeiro álbum

ELECTRóNICA | novembro 8, 2022

capa_algoquesinalar_lamontagnenepicoamperio.jpg

Tras varios anos de intensa presenza nos escenarios e eventos de toda Galicia o dúo LaMontagne & PicoAmperio sacan hoxe o seu primeiro disco longo autoeditado. "Algo que sinalar" é o título deste traballo de oito temas que hoxe xa está disponible nas plataformas dixitais e que tamén hoxe mesmo, martes 8 de novembro, defenderán en directo nunha actuación no Pub Modus Vivendi en Santiago de Compostela ás 21:00 horas.

O proxecto do dúo, en activo desde 2019, dá con este primeiro álbum un paso importante para reunir un repertorio con identidade propia, un "imaxinario electrónico" no que reinterpretan as Cantigas de Amigo medievais a través do hip hop, o abstract ambient, o folclore, melodías suaves ou atmosferas rascadas. O dúo crea unha conexión entre poesía e música, case hipnótica, concibindo as cancións como "textos completos que existen para descifrar" e tamén como "unha resposta á cultura herdada". Lamontagne & PicoAmperio fusionan a vangarda e a tradición atlántica sendo capaces de establecer pontes coas literaturas de antano para traelas de volta ao presente a través de sons futuristas e tecnolóxicos. Entre os seus recoñecementos destacan o Premio Martín Códax da Música ao mellor proxecto de "músicas urbanas" e o primeiro posto nas listas demoscópicas 2019 de Mondosonoro. Os primeiros adiantos deste "Algo que sinalar" viñeron na forma dos vídeos dos temas "Banharemonos nas Ondas", dirixido pola creadora Alba Domínguez, presentado en setembro e o máis recente "Porque no mundo", unha reinterpretación da cantiga de Airas Nunes “Porque no mundo menguou a verdade” con filmación a cargo do equipo Trece Amarillo, responsable dos vídeos das Tanxugueiras.



datos do disco