Estrea mundial dunha nova sinfonía do Mestre Rogelio Groba
novembro 7, 2022
A Orquestra Sinfónica de Galicia estreará este mércores, 9 de novembro, en concerto a nova obra do mestre Rogelio Groba (Ponteareas, 1930). O compositor galego escribiu a súa Sinfonía nº 16, "Voces da terra" por encargo para a OSG, como parte da celebración do 30 aniversario da formación que se celebra esta temporada. A estrea mundial desta composición irá acompañada no programa deste mércores da interpretación da peza de Ramón Humet "In The Distance for Orchestra", obra gañadora do XIV Premio Andrés Gaos da Deputación da Coruña, que tamén se estrea nesta velada coa OSG dirixida por José Trigueros. En declaracións ao xornal La Voz de Galicia, o mestre Groba define a súa nova creación sinfónica como "unha sinfonía festiva que utiliza como inspiración os catro elementos clásicos da filosofía presocrática: vento, auga, terra e lume, que tanto influíron na cultura e pensamento europeo". Aos seus 92 anos Rogelio Groba é un dos compositores galegos máis destacados que conta con máis de 600 composicións rexistradas entre cantatas, óperas e lieders, entre outras pezas.
Tamén che pode interesar:
- 22/ 8/ 2024 | Estrean en Ponteareas 'Danzas gulanesas' de Rogelio Groba
- 21/ 5/ 2024 | De Bartók a Groba
- 21/ 8/ 2014 | O II Festival Groba reunirá concertos e clases maxistrais en Ponteareas
- 4/ 8/ 2009 | A Real Filharmonía celebra o oitenta aniversario de Rogelio Groba cun concerto
- 21/ 12/ 2007 | Rogelio Groba e Rudesindo Soutelo cobran os dereitos de autor do himno galego oficial