Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Rueda sitúa a achega da Xunta á OSG nos tres millóns de euros

ROBERTO GONZáLEZ-MONJAS XA FOI ANUNCIADO COMO NOVO DIRECTOR DA ORQUESTRA

Rueda sitúa a achega da Xunta á OSG nos tres millóns de euros

CLáSICA/LíRICA | outubro 5, 2022

imaxe non dispoñible

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, asegurou en reunión coa alcaldesa da Coruña, Inés Rey, o apoio económico do goberno autonómico á Orquestra Sinfónica de Galicia nos vindeiros orzamentos autonómicos. Rueda comprometeu a inclusión dunha partida de tres millóns de euros nesta anualidade e manifestou a intención de que ese apoio manteña o nivel "nos vindeiros anos". No pasado o goberno municipal denunciou repetidamente a incumprimento do compromiso da Xunta coa OSG, que era achegar anualmente un mínimo de tres millóns de euros, como o agora confirmado. Esa cantidade mantívose sen abonar íntegra desde 2011, achegando en cada anualidade 2,7 millóns consignados para gastos correntes da formación, e non foi ata o pasado ano, 2021, que a Xunta fixo unha achega extraordinaria de chagando ata os 3,5 millóns de euros vencellada ao Xacobeo 2021-2022. Desde a perspectiva municipal, a diferenza neses anos entre o comprometido co efectivamente achegado supera xa os 5 millóns de euros de débeda por parte do Goberno Autonómico.

Esta mesma mañá, durante os ensaios da orquestra, a alcaldesa Inés Rey acudiu ao Pazo da Ópera para comunicarlles aos músico o nomeamento de Roberto González-Monjas como novo director da OSG para as vindeiras tres temporadas. O proceso de selección contou coa colaboración dos músicos da Sinfónica de Galicia, representados polo seu comité artístico, a través dunha votación na que Roberto González-Monjas obtivo a mellor valoración. Formado como violinista, Roberto González-Monjas deu os seus primeiros pasos como concertino na Orquestra Xove da Sinfónica de Galicia, entre 2005 e 2007 co cal este nomeamento supón unha volta á Coruña. Arestora González-Monjas era director titular da Orquestra del Musikkollegium Winterthur en Suíza e principal director invitado da Orquestra Nacional de Bélxica.