Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O compositor Sergio Moure creará unha sinfonía sobre Bergantiños

O CONCELLO DE CARBALLO APOIA A CREACIóN DA PEZA, QUE SE PRESENTARá EN PRIMAVERA

O compositor Sergio Moure creará unha sinfonía sobre Bergantiños

CLáSICA/LíRICA | setembro 28, 2022

imaxe non dispoñible

Unha grande sinfonía sobre Bergantiños e Carballo. Este é o proxecto no que se embarca o compositor Sergio Moure de Oteyza e que presentaba este 27 de setembro no Concello de Carballo. O municipio apoiará o proceso de creación da obra que, segundo adiantou o músico, está "dedicada a esta terra, lugar da miña infancia e dos meus recordos" e xorde como unha aposta persoal, ademais de responder a unha vella demanda do seu propio pai.

O proxecto, que levará no título nome de Bergantiños, pretender evocar os lugares da comarca e os sentimentos do propio compositor, que viviu en Carballo ata os 13 anos. Moure é recoñecido internacionalmente como compositor de bandas sonoras para cinema e televisión, onde acumula máis de cincuenta proxectos.