Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O IKFEM ofrece un amplo abano de estilos musicais e espectáculos en Tui

O FESTIVAL INTERNACIONAL DE MúSICA DE TECLADO CELEBRA O SEU DéCIMO ANIVERSARIO

O IKFEM ofrece un amplo abano de estilos musicais e espectáculos en Tui

MISCELáNEA | agosto 12, 2022

imaxe non dispoñible

Desde o vindeiro venres 19 de agosto e ata o día 26 terá lugar a Xª edición do IKFEM, festival internacional de teclado da Eurocidade Tui-Valença. A celebración da primeira década de actividade deste evento transfronteirizo celebrarase nesta ocasión en Tui cun extenso e variado programa con máis dunha ducia de artistas convocados e ata 15 concertos ademais doutras actividades pensadas para toda a familia. O programa inclúe espectáculos e artistas de todas variedades musicais, desde o tradicional o pop, o rock, música clásica e barroca, fado, jazz, etc... O evento comezará o venres 19 de agosto cun concertos especial que ocupara a ponte de ferro que une Galicia e Portugal. Será unha tarde de concertos na mítica ponte metálica con varios grupos sorpresa e onde 10 pianos soarán simultaneamente cruzando as fronteiras nun escenario único no mundo sobre o río Miño para celebrar a décima edición de IKFEM e o Ano Santo Xacobeo. O programa completo está dispoñible no web do evento.

Ligazóns