Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Espazos Sonoros volta unir música e patrimonio na Coruña

A NOVA EDICIóN DO CICLO DE CONCERTOS EN ESPAZOS MONUMENTAIS DESENVOLVERASE DO 3 AO 25 DE SETEMBRO

Espazos Sonoros volta unir música e patrimonio na Coruña

CLáSICA/LíRICA | agosto 12, 2022

imaxe non dispoñible

Co lema "memoria dos lugares, voz do tempo", o ciclo Espazos Sonoros desenvolverá a súa vindeira edición en diferentes espazos monumentais da provincia da Coruña entre os días 3 e 25 de setembro. O programa, que conta por segundo ano consecutivo co apoio da Deputación da Coruña, combina experimentadas formacións galegas con figuras convidadas de nivel internacional.

Deste xeito, a cantante arxentina Diana Baroni, o Grupo de Música Antiga 1500 no proxecto Dous Mares, Abraham Cupeiro, a capela ao completo dos Ministriles de Marsias, o arpista Manuel Vilas, o Austrian Baroque Company canda o violinista Florian Hasenburger ou La Spagnoletta co contratenor Miguel Ulla farán parte da proposta.

Os recitais desenvolveranse en espazos emblemáticos como o castelo de Naraío, o mosteiro de Caaveiro, Borneiro, o Dolmen de Dombate, as terras rosalianas ou a lagoa de Sobrado. En cada unha destas localizacións os concertos estarán acompañados de actividades pensadas para as coñecer de preto e explorar as súas contornas.