Quiosco: Sons da Galiza 2
agosto 8, 2022
Óscar Martínez acaba de publicar na rede a segunda entrega da revista Sons da Galiza, revista dedicada ás músicas do noso país. Unha entrevista con Fernando Barroso a repasar a súa carreira e proxectos, outra na que Daniel Minimalia explica a súa experiencia a traballar nos Estados Unidos como gañador dun Grammy, e unha terceira con Pedro Lamas a abordar a súa Misa de gaita, concentran o groso das páxinas da publicación.
Ademais, Martínez celebra os vinte anos da Orquestra Folk Sondeseu cunha fotorreportaxe, e non esquece reivindicar o mérito das Tanxugueiras na súa tentativa por representar a España en Eurovisión.