Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O SonRías Baixas de Bueu volve esta semana co seu formato meirande e variado

O FESTIVAL CELEBRA A SúA 19ª EDICIóN DESDE O XOVES AO SáBADO CUN AMPLO CARTEL

O SonRías Baixas de Bueu volve esta semana co seu formato meirande e variado

MISCELáNEA | agosto 2, 2022

imaxe non dispoñible

O festival SonRías Baixas 2022, que se celebrará esta semana os días 4, 5 e 6 de agosto en Bueu, volve con forza apostando polo grande formato e cun cartel máis ecléctico e variado que nunca. Esta décima novena edición do festival contará con Kase.O Jazzmagnetism, Tanxugueiras, Rayden, La M.O.D.A., Delaporte, Rels B, Arnau Griso, Ciudad Jara, Eskorzo, Sofía Gabanna, Sara Hebe, Bala, Suu, JazzWoman, Emlan, Maurino, Cool Nenas, Buhos, García Mc & Nación Quilombo, Balkan Paradise Orchestra e as incorpora unha sesión vermú con Grande Amore e La Duendeneta. O evento propón así un programa amplo e variado, que combina artistas consolidadas con bandas emerxentes, facendo fincapé na intención de chegar a todos os públicos ao incluír no seu line up estilos diversos como o rap, o rock, o stone, as músicas de raíz ou mesmo o pop. Ademais, SonRías Baixas será o marco no que 11 bandas e artistas presenten os seus novos espectáculos ou traballos discográficos.

Os concertos do 19º SonRías Baixas arrancarán o xoves 4 nunha xornada protagonizada polos ritmos urbanos e pola aposta por artistas novos con carreiras emerxentes. O cartel do xoves destaca pola presenza do dúo electropop Delaporte, que dará a coñecer 'Abril¡, o seu último traballo discográfico, e do pop urbano de Rels B. Sobre o escenario do Multiusos da Estacada tamén estarán Sofía Gabanna, unha das promesas do rap arxentino: JazzWoman, rapeira valenciana sempre disposta a abordar nos seus temas a denuncia social e o empoderamento feminino e que participará por vez primeira nun festival galego; Maurino, quen amosará por primeira vez en Galicia o seu future latin, e a enerxía de Cool Nenas (Mariagrep, Dani Costas e Kimberley Tell).

O venres 5 o SonRías continuará co seu habitual espírito festivo, cheo de potencia e enerxía coas actuacións de Kase.O, que regresa a Bueu co seu proxecto 'Jazz Magnetism', na que será a súa última actuación en Galicia antes da súa retirada dos escenarios; o rapeiro Rayden, coñecido pola súa lírica e habilidade para fusionar xéneros musicais, e que chega ao festival coa súa xira do 20º aniversario; ou Ciudad Jara, o proxecto musical de Pablo Sánchez (La Raíz), que presenta o seu novo disco, 'Cinema'. A noite do venres tamén contará coas actuacións de Buhos, grupo festivo de referencia en Cataluña e que unicamente estará en Galicia no marco do SonRías; Bala, destacado dúo galego da escena do rock/metal alternativo que dará a coñecer o seu último disco, 'Maleza'; Emlan, na súa primeira actuación en territorio galego cun novo espectáculo de rock e pop; e García Mc & Nación Quilombo.

A programación pecharase o sábado 6. Comezando cunha sesión vermú que contará coa música de dúas figuras imprescindibles da escena galega na actualidade: Grande Amore e La Duendeneta. A xornada a completarase con Tanxugueiras, o trío de pandeireteiras que está a revolucionar a música tradicional galega e na que será a primeira actuación nun festival logo do lanzamento do seu novo disco, 'Diluvio'; La M.O.D.A., unha das bandas co directo máis potente do momento, e que presentará o 'Nuevo Cancionero Burgalés' no SonRías na súa única cita na provincia de Pontevedra deste verán; ou Arnau Griso, no que será o seu derradeiro concerto ante o público galego. Completan o cartel desta terceira xornada de SonRías Eskorzo, unha das bandas pioneiras do movemento mestizo en España e que está a celebrar o seu 25º aniversario; Sara Hebe, coa única data confirmada para Galicia este verán e na que presentará o seu último disco, 'Sucia Estrella'; Balkan Paradise Orchestra, big band formada integramente por mulleres nas que os ventos e as percusións farán bailar ás e aos asistentes; e Suu, unha das novas voces catalás máis destacadas da actualidade e quen dará a coñecer ‘Karaoke’.