Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Volve a Duendeneta aos Camiños das Músicas Galegas

A DISCOTECA MóBIL VIAXARá AO LONGO DOS MESES DE XUñO E XULLO POR MáIS DE 20 VILAS E CIDADES

Volve a Duendeneta aos Camiños das Músicas Galegas

MISCELáNEA | xuño 8, 2022

imaxe non dispoñible

A Duendeneta volverá a percorrer as rutas xacobeas de Santiago en Galicia co obxectivo de dar a coñecer a música feita en galego desde Andrés Dobarro ata as Tanxugueiras. Hoxe tivo lugar en Santiago a presentación da segunda xira Os Camiños das Músicas Galegas co que por segundo ano consecutivo a furgoneta musical máis famosa de Galicia percorrerá o camiño de Fisterra, o francés e a Vía da Prata durante os meses de xuño e xullo. Nesta nova edición, a discoteca móbil viaxará por diversas prazas e vilas, ofrecendo ata 32 sesións musicais de carácter didáctico, que mostrarán a historia da música da nosa comunidade e na nosa lingua propia, tanto a peregrinos como a habitantes destes enclaves. O DJ desta iniciativa é o xornalista Carlos Crespo, que deseñou e conduce as sesións musicais, cunha duración aproximada de hora e media ou dúas horas de duración, coas que achega a música de galegos e en galego, cunha selección musical coa que percorrerá toda a historia musical galega, comezando con Andrés Dobarro e chegando, nesta actualización respecto ao pasado ano, coas Tanxugueiras. En concreto a Duendeneta percorrerá os concellos de Fisterra, Muxía, Corcubión, Cee, Negreira no Camiño de Fisterra; O Pedrouzo, Arzúa, Melide, Palas de Rei, Portomarín, Sarria, Triacastela e O Cebreiro no Camiño Francés; Vedra, Silleda, Lalín, Ourense, Allariz, Xinzo da Limia na Vía da Prata e tamén no Monte do Gozo, onde rematará a súa xira deste ano.