Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A chuvia non para a festa da música

MAñá COMEZA EN RIANXO A FESTA DA CHUVIA E OS FESTIVAIS DE VERáN COMPLETAN OS SEUS CARTEIS

A chuvia non para a festa da música

MISCELáNEA | abril 8, 2022

imaxe non dispoñible

A pesares da meteoroloxía ou xa contando con ela, como o seu propio nome indica, celébrase esta fin de semana en Rianxo a Festa da Chuvia, unha cita coa música galega en directo que inclúe ademais outras actividades. Impulsada pola banda ribeirense A Companhía do Ruído desde o ano 2002, volve á axenda do barbanza este evento que inclúe concertos nos que varias bandas presentarán os seus novos traballos discográficos; demostracións en vivo de composicións de cancións; obradoiros de cantigas ou poéticos; xogos e actuacións en acústico en diferentes escenarios. O sábado nove actuarán na vila Boroa; Os Bar Ban Sónicos, Nando Pérez; Chamaquito Pistolas; Tecor societario; Radio Zapa; Grampoder; Broa e Machina. Ademais o domingo partirá do porto de Rianxo o Barco da Chuvia, que ofrece unha programación propia de concertos e comida a bordo. O festival ofrece un servizo de buses que une as principais localidades do Barbanza.

No relativo a vindeiros festivais na nosa terra, a semana trouxo varias novidades. Unha das mais relevantes é o cartel de The Wild Fest, que terá lugar do 8 ao 10 de xullo no Parque Forestal de San Miguel de Oia, en Vigo. O evento que reúne concienciación ambiental con música ven de completar un cartel ambicioso en caldiade con gran presenza da escena musical galega, ademais de outros nomes da española. Así a xornada inaugural correrá a cargo de Wöyza & The Galician Messengers, BoyankA KostovA e Músculo!; na segunda, o sábado 9, pasarán plo escenario do parque bandas como Corizonas, A Roda, os vigueses Aphonnic, Aurora & The Betrayers, Moonshine Wagon, Wondercovers, Peter Punk Pallaso e Brais das Hortas. O peche destes tres días do festival o porán Blues Do País e o Sindicato da Verbena, ademais de Cé orquestra pantasma.

Confirmacións en Caldas e Nigrán
Dous dos grandes eventos de verán xa consolidados presentaron tamén algunhas novidades nos seus carteis esta semana. Foi o caso do Portamérica, que celebrará a súa décima edición na azucreira de Portas, pasando a súa zona de acampada para a carballeira de Caldas, onde se viña celebrando anteriormente. Na primeira fin de semana de xuño, os días 2, 3 e 4 terá lugar esta cita. A un cartel que xa contaba con grandes atractivos sumáronse agora: Bizarrap; o rapeiro arxentino WOS ou Xoel López, un dos fixos do festival. As novas confirmacións as completan Depedro, Alice Wonder, Lisandro Aristimuño, Rojuu, The Parrots, Santi Araújo, Instituto Mexicano Del Sonido e Flecha Valona.

Desde Nigrán tamén chegan novidades para o seu Vive Nigrán. Picnic Pop Festival. Vive Nigrán completa hoxe cartel da sexta edición anunciando os concertos de Grande Amore e as sesións DJ de Cool Nenas e EME DJ, que se engaden a artistas xa confirmados como Rigoberta Bandini, Iván Ferreiro, La Bien Querida, Niña Polaca, Colectivo Da Silva, Karavana ou CARIÑO. Á programación desta edición súmase unha xornada extra, Vive Nigrán [+] co concerto o domingo de Miguel Ríos & The Black Betty Trio. O festival volve a Monte Lourido, a celebrar entre 15 e 17 de xullo, xunto a Praia América, con la colaboración del Concello de Nigrán., en la que será una cita imperdible con una leyenda viva de la música española.