Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A Fundación Curros Enríquez outórgalle a Luz Casal o Premio Casa dos Poetas

RECOñECE A TRAXECTORIA MUSICAL DA INTéRPRETE E O SEU COMPROMISO CON GALICIA

A Fundación Curros Enríquez outórgalle a Luz Casal o Premio Casa dos Poetas

POP | marzo 28, 2022

imaxe non dispoñible

A Fundación Curros Enríquez outorgáballe este sábado 26 de marzo o XXXVIII Premio Celanova, Casa dos Poetas a Luz Casal. O xurado do galardón, presidido por Antonio Puga Rodríguez, destaca no seu fallo que a "longa traxectoria musical" da intérprete "que a ten convertido nunha das voces femininas de maior prestixio internacional da música española".

O xurado destacou que "tralos éxitos acadados na súa primeira etapa como intérprete de pop-rock, Luz Casal ten logrado xestionar unha carreira persoal que foi quen de evolucionar cara outros rexistros musicais, cun compromiso permanente coa calidade e o achegamento á sensibilidade musical do gran público".

Para alén dos fitos da súa traxectoria musical, a sinalar a súa participación en bandas sonoras do cinema estatal e colaboracións como as que realizou con Miguel Ríos e Carlos Núñez, a acta destaca "o seu compromiso como galega no ámbito da dinamización social e local, coa organización anual do Festival da Luz no seu pobo natal de Boimorto (A Coruña), un festival que non só é música, senón que ten entre os seus obxectivos fundacionais o da colaboración con moi diversas causas solidarias, causas que ten axudado a financiar dende a súa creación no ano 2012".

O galardón recoñece traxectorias vitais no campo da defensa da cultura galega e de Galicia, segundo recollen as bases.